CRTVG

Buscar

As consecuencias do mal uso da pantallas

Publicado o 14/05/2019 13:44

A miopía será a epidemia do século XXI. Ata o 90% dos nenos que agora teñen entre cinco e seis anos poderían ser miopes polo uso, ou mellor dito, o mal uso das pantallas. Os cativos engánchanse dende moi cedo, pero os maiores non damos exemplo, porque os galegos pasamos dez horas ao día diante dunha pantalla.

Todos con lentes ou lentes de contacto. Non vai quedar outra. O dato é alarmante.

Hai tempo pensaban que era consecuencia do uso próximo das pantallas. Velas dende moi cerca. Pero agora saben que a miopía é polo uso indirecto das pantallas. Polo chamado efecto caverna. Os rapaces escapan da luz solar para ver mellor os dispositivos.

Hai que expoñerse máis á luz solar e tamén a unha distancia axeitada, entre 35 e 55 cm. Sobre todo un uso responsable, porque sabemos que o facemos mal, dedicámoslles moito tempo, e sabemos as consecuencias dese mal uso.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2019