CRTVG

Buscar

As consecuencias desta primavera cambiante

Publicado o 11/04/2019 14:15

Aproveitar ben cada raiola, pero tamén cada día nubrado é o consello que os psicólogos nos dan e que moitos xa intentan practicar no día a día. Outros tómano con menos filosofía.
Comer ben, con produtos de tempada con magnesio, triptófano, vitamina C ou B5 axúdannos a elevar o ánimo nos casos de baixón ou astenia primaveral. Os psicólogos tamén nos recomendan certa rutina para loitar contra os constantes cambios deste tempo.
Cando os cambios ou a súa brusquidade afecten gravemente a nosa saúde e estabilidade tamén podemos botar man de profesionais que nos asesoren, apoien ou diagnostiquen.
 

Noticias web

11/04/2019