CRTVG

Buscar

As confrarías de Galicia están preparando os pasos e as procesións para a Semana Santa

Publicado o 24/03/2019 13:09

Aínda temos que agardar ata mediados do mes de abril para poder vivir a Semana Santa, un dos períodos do ano que moitos escollen para facer unha escapada. As procesións son un dos grandes atractivos desta época.

En Galicia temos algunhas celebracións da Semana Santa moi coñecidas, como a de Viveiro ou a de Ferrol, pero non son as únicas. Por exemplo, a de Santiago, que acaba de ser recoñecida de interese turístico de Galicia. Parte fundamental dela son as confrarías. Hoxe temos con nós dous membros da Confraría Franciscana da Vera Cruz, que están aquí para falar do Certame Paixón no Camiño. Antonio Barral e Iago Vázquez.

Noticias web

24/03/2019