CRTVG

Buscar

As confrarías de Cambados, Vilanova e A Illa presentan un ERTE

Publicado o 07/04/2020 21:11

 A da Illa á unha das principais lonxas da Ría de Arousa e traballa practicamente só con marisco. Polo tanto ten unha dependencia total do marisqueo, e se non o hai non hai ingresos.
  
Na propia Illa, en Cambados ou en Vilanova as confrarías xa están a aplicar regulacións temporais de emprego máis ou menos extensas.Os mariscadores son autónomos e algúns patróns maiores están a reclamar que se lles lles permita acollerse a un peche de actividade por causa de forza maior. Quéixanse de certa confusión e de que os trámites están a resultar bastante complexos.

Este é o aspecto que presentaba a lonxa de Cambados á hora da venda, ás seis da tarde.

Nas lonxas totalmente dependentes do marisqueo, como A Illa ou Vilanova, simplemente non hai nada.

Agás en Carril, que segue a vender algo de ameixa dos parques privados, no resto das Rías Baixas pódese dicir que o marisqueo está parado, pero non por prohibición, senón prque non teñen a quen lle vender as ameixas.

Os mariscadores quéixanse de que os meteran coa pesca como fornecedores de alimentos básicos.

Sen ingresos, as confrarías xa están a facer ERTE e reducións drásticas de actividade.

Reclaman que se lles conceda un peche de actividade por forza maior.

O ISM xa aclarou que agora a Xunta non ten competencias sobre isto e que a perda de ingresos terá que demostrala cada mariscador ou mariscadora de xeito individual.

Noticias web

07/04/2020