CRTVG

Buscar

As confrarías da ría de Vigo avanzan na rexeneración de bancos marisqueiros

Publicado o 29/08/2019 14:32

Dentro dunhas horas a confraría de Cangas comprobará o estado da semente de ameixa babosa que sementou na praia de Rodeira a comezos deste verán. É unha acción destinada a rexenerar este banco marisqueiro e volver facelo produtivo.

Dun xeito moi semellante a como se traballa a terra, os bancos marisqueiros tamén se poden rexenerar. É o que levan varios anos facendo, con éxito, confrarías como as da ría de Vigo con accións en varios puntos e coa axuda da administración autonómica. O obxectivo agora é recuperar unha área en Tirán e outra fronte á praia canguesa de Rodeira.

Neste ano, a consellería do Mar dispón de case dous millóns e medio de euros para estas axudas ás confrarías. Desa cantidade, polo de agora, xa van concedidos 700.000 euros a varios proxetos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/08/2019