CRTVG

Buscar

As conexións ferroviarias con Portugal reactivaranse con descontos ata o Nadal

Publicado o 06/10/2021 22:03

A liña que conecta Galicia con Portugal recuperará en breve todas as frecuencias que foran suspendidas no inicio da pandemia. Foron 19 meses de reducións que rematan a semana que vén. 

O domingo 17 de outubro Vigo e a cidade do Porto recuperan as súas catro conexións ferroviarias diarias. O chamado tren celta, que chega e sae desta estación de Campanha, volverá ter as mesmas frecuencias que antes da pandemia. Ademais hai que lembrar que os trens dende hai unhas semanas son máis cómodos e modernos.

As dúas empresas que se encargan da xestión desde servizo preparan ademais descontos e promocións que se estenderán ata o Nadal para reactivar a utilización desta liña. Poderase ir de Santiago ao Porto por dez euros ou desde Vigo por cinco.  

Noticias web

06/10/2021