CRTVG

Buscar

Evitar as aglomeracións e manter as medidas individuais, clave para frear a quinta vaga

Publicado o 12/07/2021 21:30

Non podemos escudarnos na variante delta para explicar a quinta vaga da pandemia. Son palabras de Fernando Simón, que incide en que as aglomeracións e as condutas de risco son as que máis peso teñen nesta nova situación epidemiolóxica de España, que segue cunha incidencia ascendente.

Polo momento, a letalidade mantense estable e os ingresos revisten menos gravidade pola protección da vacina nos grupos máis vulnerables. Pero entre os vacinados, dun 8 a un 10 por cento son susceptibles de contaxiarse, e por tanto cómpre non desbotar as medidas básicas.

E mensaxe hai tamén para os máis novos. Os seus cadros revisten menos gravidade, pero conforme aumenta a súa incidencia tamén o fan os ingresos hospitalarios; así pois, correr riscos é innecesario. A vacina e as medidas de responsabilidade individual seguen sendo as mellores ferramentas de control da pandemia.

Noticias web

12/07/2021