CRTVG

Buscar

As comunidades lamentan a xudicialización da xestión da pandemia

Publicado o 06/05/2021 21:18

A partir do domingo, medidas coma o toque de recollida ou os peches perimetrais das comunidades decaen co estado de alarma. Cada autonomía decidirá as restricións, pero terá que recorrer aos tribunais para aplicalas. O Goberno establece por decreto que o Supremo teña a útlima palabra sobre esas medidas, unha vía que rexeitan algunhas comunidades como o País Vasco.

Tamén os xuíces a critican. Din que non estan para gobernar. Algunhas comunidades falan de desamparo como o presidente de Castela e León. Cataluña, Asturias, Madrid ou a Comunidade Valenciana son partidarias de levantar as restricións. Cantabria ou Andalucía apostarán polos peches municipais.

O Goberno canario anunciou que vai manter todas as medidas actuais nas illas, como os controis obrigatorios nas vías de acceso, o toque de recollida e os peches perimetrais en función dos niveis de alerta.

O Tribunal Superior de Xustiza de Baleares xa autorizou manter nesa comunidade o toque de recollida tras o estado da alarma.