CRTVG

Buscar

As comunidades do PP rexeitan o Plan da Atención Primaria do Goberno

Publicado o 10/04/2019 19:24
As comunidades do PP rexeitan o Plan da Atención Primaria do Goberno

A comunidades do PP que asistían á xuntanza coa ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo, para analizar o Plan estratéxico de Atención Primaria abandonaron o encontro ao considerar que o documento é "unha declaración de intencións a poucas horas" do inicio da campaña electoral. Os conselleiros de Sanidade de Castela e León, Andalucía, Madrid, A Rioxa e Murcia, os que, non obstante, dixeron que comparten as propostas de mellora da Atención Primaria, pero critican a premura na aprobación deste documento que, ao seu xuizo, non contempla dotación orzamentaria. 

O conselleiro de Sanidade de Galicia, Jesús Vázquez Almuiña, comunicoulle á ministra a súa ausencia nunha carta. Nela rexeitaba tamén a proposta do Goberno e cuestionaba as présas por aprobala. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/04/2019