CRTVG

Buscar

As comunidades distáncianse da oferta do Goberno para aplicar o estado de alarma

Publicado o 26/08/2020 09:43

• Andalucía, Murcia, Cantabria ou Aragón xa descartaron o estado de alarma

• Madrid e Castela e León non pecharon totalmente a porta

• Sánchez pide dobregar a segunda curva: "A evolución é preocupante"

Sánchez ofrece unha novidade xurídica para xestionar a pandemia: un novo estado de alarma. Pero o mando único non sería para o Goberno, senón para as comunidades.

Poderían pedilo en todo o territorio ou nunha parte e sería o presidente autonómico o que rendería contas no Congreso. Sánchez garántelle os apoios parlamentarios para sacalo adiante.

Así, a pelota queda no tellado das comunidades, que, de momento, non parecen dispostas a pedir o estado de alarma. Cren que a situación actual aínda non é tan grave e defenden os seus propios plans.

Madrid non pecha a porta totalmente, aínda que con moitas reservas e unha liña vermella para evitar o confinamento total.

Andalucía, Murcia, Cantabria ou Aragón son algunhas das comunidades que se pronunciaron para descartar o estado de alarma. O que reclaman é seguir exercendo as súas propias competencias, pero con máis apoio por parte do Goberno.

Noticias web

26/08/2020