As comunidades comezan a recibir 1,5 millóns de doses de AstraZeneca
Publicado o 30/04/2021 11:20

As comunidades autónomas comezaron a recibir este venres máis dun millón e medio de doses da vacina de AstraZeneca.
Esta nova remesa súmase a 1.750.000 vacinas de Pfizer, 400.000 de Moderna e 126.000 de Janssen, que só precisa dunha soa dose.
Segundo manifestou a ministra de Sanidade, esta é unha semana récord na chegada de vacinas, e marca un "punto de inflexión" na campaña de inmunización.
A chegada destas doses permitirá, segundo Darias, que a próxima semana se chegue a 5 millóns de cidadáns inmunizados coa pauta completa, é dicir, o 10 % da poboación.