CRTVG

Buscar

As compras por Internet en Galicia crecen un 29 % en novembro

Publicado o 03/12/2020 20:04
As compras por Internet en Galicia crecen un 29 % en novembro

En Galicia medraron as compras por Internet un 29 por cento en novembro con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Pero en termos interanuais as vendas, físicas e en liña, caeron un 8 por cento. Son datos do Observatorio de Abanca.

En novembro, no que máis gastaron os galegos foi en alimentación e en farmacia, máis ca antes da pandemia. Tamén medraron as compras de produtos multimedia polo efecto do 'Black Friday'. Pola contra, caeu o gasto en roupa, e tamén no ocio e na restauración, polas restricións desta segunda vaga.

Noticias web

03/12/2020