CRTVG

Buscar

As compras de Nadal, afectadas polo peche perimetral das grandes cidades

Publicado o 16/12/2020 21:31

Son imaxes desta tarde en Santiago de Compostela. O Nadal está á volta da esquina e, ante o inminente peche da cidade, semella que as compras non podían agardar.

As cidades son os maiores núcleos comerciais para moita xente que vive nos arredores e que, si ou si, cóntannos, tiveron que aproveitar.

Aproveitan tamén este día os comerciantes. Saben que, sobre todo nesta temporada, o peche vano notar no peto. Con todo, afróntano con resignación.

Polo momento, responsabilidade e sentido. O primeiro é o primeiro.

A pandemia marca a orde do día. As compras de Nadal, nalgúns casos, terán que adiarse. Como tantas cousas que se adían nestas festas e neste ano tan diferente.



 

Noticias web

16/12/2020