CRTVG

Buscar

As comparsas percorren as principais rúas de Pontevedra

Publicado o 03/03/2019 11:03

En Pontevedra, o desfile do Entroido partiu da rúa Xosé Malvar pasadas as cinco da tarde. Durante tres horas, as comparsas percorreron as rúas principais do centro da cidade ata remataren na Alameda. Houbo colorido, salsa, tambores e, sobre todo, moito humor con referencias sarcásticas á actualidade social e política. Despois a festa trasladouse á praza da Ferrería, onde se agarda que a troula continúe ata ben entrada a noitiña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/03/2019