CRTVG

Buscar

As comparsas de Ourense teñen todo case listo para o Entroido

Publicado o 29/01/2019 19:55

Preparan unha feira galega, das de antano, con gando para vender, polbeira, postos de grelos, de embutidos da casa. Non lles falta detalle. Parecen decoradores profesionais, o polbo coce ao lume mentres o gaiteiro come unha ración, e a vaca, do que máis tempo lle levou facer, en vez de leite dá licor café.

Nesta asociación do barrio ourensán da Ponte levan practicamente toda a súa vida gozando intensamente o Entroido, nin máis nin menos que seis meses ao ano. E malia que o seu é vivir o Entroido e non aspiran a premios, todos os anos levan un.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/01/2019