CRTVG

Buscar

As cianobacterias volven tinguir de verde a auga do encoro de Cachamuíña

Publicado o 10/09/2019 20:11
As cianobacterias volven tinguir de verde a auga do encoro de Cachamuíña

As cianobacterias volven tinguir de verde a auga do encoro de Cachamuíña, que abastece a cidade de Ourense. A calor e os baixos niveis de caudal provocaron que estas microalgas tóxicas cubran de novo a lámina da presa. O cheiro que desprenden é perceptible na contorna.

O concello do Pereiro de Aguiar prohibiu o baño e deixou de subministrar auga en canto apareceron as cianobacterias. Outros encoros da provincia, como o das Conchas, en Muíños, leva semanas afectado pola praga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí