CRTVG

Buscar

A chuvia da fin de semana provoca anegamentos de vivendas no barrio compostelan de Vite

Publicado o 17/12/2019 13:35

Os veciños de Vite de Abaixo, no concello de Santiago, tardarán en esquecer o vivido na madrugada do domingo, cando a auga escorregaba polas rúas do barrio coma se dun río se tratase.

A forte chuvia unida ao atoamento dunha canalización pola que discorren as augas pluviais procedentes do monte cara ao río Sarela fixeron necesaria a intervención dos bombeiros.

Malia todo, non puideron evitar que a auga entrara en varias vivendas.

Pídenlle ao Concello unha solución definitiva para que as augas sexan conducidas polo seu curso natural.

Noticias web

17/12/2019