CRTVG

Buscar

A choiva destes días non vai aumentar significativamente as reservas hídricas

Publicado o 17/06/2021 15:26

Di o refrán que non hai mal que por ben non veña, pero neste caso non se vai cumprir, porque estas inundacións non van traer un aumento de reservas nos encoros. Malia estar dentro dun ano hidrolóxico normal, as reservas están por debaixo da media.

"Os encoros están rozando o 67 por cento da súa capacidade en canto a almacenaxe de auga se refire, que son aproximadamente 10 puntos menos ao valor medio", comenta Carlos Ruíz, xefe da oficina de planificación hidrolóxica.

E coa recente choiva tampouco van subir. "O volume que teñen almacenado actualmente é moi probable que se manteña no mesmo valor que actualmente ou como moito que poida subir algún punto pero non vai ter moita repercusión nas reservas hídricas. O que ocorreu é que se produciron fenómenos tormentosos moi concentrados tanto espacial coma temporalmente que foi o que deu lugar a problemas, sobre todo nas cidades, porque non tiveron capacidade esas redes de drenaxe de recoller unha precipitación moi concentrada en media hora, unha hora ou un par de horas. A partir de hoxe é xa unha choia máis repartida que non debería dar tantos problemas porque, como digo, o que vén son xa frontes atlánticas dentro do normal", informa Carlos Ruiz, xefe da oficina de planificación hidrolóxica.

Noticias web

17/06/2021