CRTVG

Buscar

O temporal deixa máis de 80 incidencias en Galicia

Publicado o 16/10/2019 20:55

• A maioría son por balsas de auga e árbores caídas

O 112-Galicia xestionou durante este mércores un total de 81 incidencias relacionadas co temporal de choiva e vento que afecta á comunidade, principalmente por inundacións, bolsas de auga e obxectos nas estradas.

Segundo informou o Centro de Atención Integral a Emerxencias, até as 18,00 horas rexistráronse 81 incidencias, aínda que non hai constancia de danos persoais.

n Vimianzo chegaron a acumular ata 180 litros por metro cadrado e foi onde máis choveu de toda Galicia. Pero amais da auga, tamén caeu moito vento; soprou cun refacho máximo de 115 quilómetros por hora en Cedeira. Producíronse algunhas caídas de árbores en estradas secundarias e tamén na Nacional VI á altura de Lugo.

No aeroporto de Peinador, en Vigo, desviáronse dous voos ao Porto porque non puideron aterrar. No resto dos aeroportos operouse con normalidade. 

Pasaron os avisos decretados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía na Coruña e Pontevedra, pero quedaron as consecuencias. Ao longo de todo o día choveu a cachón e caeu moito vento, o que deixou rexistros que baten marcas nestes últimos meses. Vimianzo levou a peor parte, con 180 litros acumulados desde as 12 da noite.

En Mazaricos superaron os 150 litros por metro cadrado acumulados. O refacho máximo de vento rexistrouse en Cedeira, con 115 quilómetros por hora, e en Estaca de Bares chagaron aos 112 quilómetros por hora.

Este tempo provocou algún cortes de estrada, coma este da Nacional VI ao seu paso pola cidade de Lugo debido á caída dunha árbore. A Garda Civil tivo que regular o tráfico para evitar accidentes. O mesmo ocorreu na estrada AC-564 entre Pontedeume e As Pontes, á altura da Casilla.

No aeroporto de Peinador en Vigo canceláronse dous voos, un con destino a Tenerife e o outro a París. Os aparellos non puideron aterrar pola mala meteoroloxía. Aínda que os avisos xa se levantaron, o mal tempo volve nunhas horas, desta vez ao mar.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/10/2019