CRTVG

Buscar

As chamadas entre países da UE non costarán máis de 19 céntimos o minuto

Publicado o 13/05/2019 21:21

Desde este mércores, día 15, ningún operador de telefonía poderá cobrar máis de 19 céntimos por minuto e IVE nas chamadas entre países da Unión Europea, nin máis de seis céntimos por mensaxe de texto.

O obxectivo da medida é reducir as grandes diferenzas tarifarias que existen dentro da UE. Deste xeito, a partir do mércores, a única diferenza entre os prezos máximos das chamadas e mensaxes intereuropeos só se deberá ao IVE, distinto en cada país.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019