CRTVG

Buscar

As cestas que se regalan polo Nadal tamén teñen que pasar por caixa en Facenda

Publicado o 07/12/2017 21:14

Gañar unha cesta de Nadal non é algo que ocorra todos os días. Pero, ollo! As cestas tamén pagan impostos. Se o agasallo é por parte da empresa, aparecerá na nómina. Se non, temos a obriga de declaralo ante Facenda.

O primeiro que nos pasa pola cabeza cando gañamos unha cesta de Nadal é a ledicia. Pero, coidado! Tamén temos que pensar en declaralas a Facenda.

Se compramos un décimo nalgún supermercado e nos toca, esta é unha ganancia económica, polo que temos que notificalo na declaración anual da renda. Se o premio é un ben moble, como unha moto, deberemos facer o mesmo, ademais de ter en conta se temos a liquidez suficiente para facernos cargo da súa matriculación e demais impostos.En cambio, se a cesta é o agasallo de Nadal da empresa, este figura na nómina.

Existen mínimos para facer a declaración das cestas, as máis pequenas nin se declaran nin se investigan. Pero Facenda ten os seus mecanismos para saber se estamos incumprindo na nosa obriga como cidadáns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017