CRTVG

Buscar

As cervexas 1906 reciben dúas medallas de ouro nos World Beer Awards

Publicado o 13/09/2021 21:39
As cervexas 1906 reciben dúas medallas de ouro nos World Beer Awards

Estrella Galicia volve recibir premios polas súas cervexas. Nesta ocasión son as 1906 de Hijos de Rivera as elixidas as mellores de España nos World Beer Awards.

Estes premios, entre os máis prestixiosos do universo cervexeiro, identifican as mellores cervexas procedentes de máis de 50 países en nove categorías. Un panel de expertos selecciónaas e cualifícaas a través dunha cata cega que garante a súa imparcialidade. 

A 1906 Reserva Especial e 1906 Black Coupage recibiron senllas medallas de ouro para a compañía galega.

Noticias web

13/09/2021