CRTVG

Buscar

As cervexas 1906, galardoadas como as mellores do mundo

Publicado o 24/09/2020 15:53

As tres cervexas da familia de 1906 obteñen a medalla de ouro na World Beer Challenge. É un dos certames máis prestixiosos a nivel internacional.

Ao longo da súa historia leva máis de setenta premios internacionais, pero, se cabe, este sabe moito mellor. É un premio con corpo e cun intenso sabor que vai perdurar no padal de Hijos de Rivera durante moito tempo.

Fernando Iglesias, responsable de cultura de cervexa di que "é un premio que ole a lúpulo, sabe a malte, e ten corpo".

E é que a familia das 1906 acaba de ser galardoada coa medalla de ouro da World Beer Challengue. As tres cervexas levaron os 100 puntos máximos da clasificación.

"As nosas cervexas pasaron por unha cata a cegas realizada por un panel de xuíces expertos e valoraron o seu perfil sensorial, o seu aroma, o seu sabor", engade Iglesias.

Neste certame participaron 355 cervexas de todo o mundo e as galegas fixeron un pleno.

O responsable de cultura de cervexa explica que "1906, a Milnove, é unha cervexa elegante. 1906 Red Vintage, a Colorada, é unha cervexa intensa, e 1906 Black Coupage, a Ovella Negra é unha cervexa preta e con carácter".

O saber facer dos mestres cervexeiros e sobre todo a coidada selección dos ingredientes son as claves do éxito desta cervexa cen por cento galega.

Noticias web

24/09/2020