CRTVG

Buscar

As castañas queren chuvia nos últimos días antes da colleita

Publicado o 09/10/2019 14:19

Son o froito máxico dos nosos castiñeiros, peza indispensable da gastronomía galega e tamén da dieta de autoconsumo e subsistencia que durante séculos predominou en Galicia. Agora as bondades e a calidade do froito galego atravesa fronteiras e hai empresas, como por exemplo esta de Chantada, onde se seleccionan e preparan para enviar a zonas como Oriente ou América do Norte.

Un produto que se revaloriza, e do que se producen elaborados como as castañas en almibre, puré, crema, fariña ou o mítico marrón glacé.

E malia que nesta fábrica xa empezan a entrar algúns froitos, nos máis dos castiros o froito aínda está verde nos ourizos; aínda non están para apañar.

Nestes últimos días que faltan, o máis desexable é que chova para que remate ben a maduración e poder así mellorar as previsión para esta colleita.

Miguel é produtor e ademais de preocuparse pola mala colleita, preocúpase pola competencia desleal que xeran os que andan comprando as castañas polas aldeas, pagando en negro e mal aconsellando os produtores, algo que denunciou perante o Seprona e a Axencia Tributaria.

Ademais, Miguel prevé que se non hai máis control, sigan os roubos de castañas. Cóntanos Miguel que agora a súa esperanza está en que as variedades tardías, coma esta negral que ten diante da súa fábrica, collan algo de auga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2019