CRTVG

Buscar

Carrozas e comparsas desfilan no Entroido da Coruña

Publicado o 03/03/2019 14:11

O Entroido desfilou polo centro da Coruña vestido de mil cores e ao ritmo das comparsas. A cidade transfórmase. Durante unhas horas, desaparecen os coches e a fantasía ocupa o asfalto. Fóra os uniformes sobrios de inverno. Benvidos os traxes de festa. Disfraces imaxinados e cosidos con ilusión para xogar a ser outros. O Entroido coruñés recibe con alegría a quen queira sumarse á festa.

O desfile de carrozas e comparsas desembocou na praza de María Pita, lista para a verbena desta noite. Continúa a conta atrás para o martes choqueiro. Daquela o Entroido máis irreverente mudarase á rúa da Torre.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/03/2019