CRTVG

Buscar

As caras en Abegondo reflexan o resultado do derbi

Publicado o 20/03/2017 21:26

Os xogadores prefiren mirar a medio prazo. Cren que a permanencia está ben encamiñada

En Abegondo hoxe non foi o día máis feliz desde a chegada de Mel. Tras a primeira derrota do adestrador madrileño, chega a parada previa á visita a Valencia.

As caras de hoxe eran o reflexo do resultado do derbi. Os xogadores prefiren mirar a medio prazo. Cren que a permanencia está ben encamiñada, malia que o Spórting reduciu a distancia a seis puntos.

Apesarado, pero tranquilo. Así se sente o vestiario deportivista cando mira a táboa e compara a situación coa de hai un mes. 

Os deportivistas sosteñen que a derrota do derbi non lles ha torcer o camiño da salvación. 

Á volta do parón agardan sete partidos nun mes de abril decisivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017