CRTVG

Buscar

As carabelas portuguesas obrigan a pechar as praias da Coruña

Publicado o 21/02/2021 20:31

As praias da Coruña volven estar pechadas, e desta volta non é por causa dun temporal. Como ven, houbo quen fixo caso omiso.

O Concello prohibiu o acceso aos areais tras detectar a presenza de carabelas portuguesas, uns organismos altamente tóxicos que normalmente se localizan en mar aberto, pero que en ocasións chegan á costa arrastrados polo vento e as correntes.

A picada dunha carabela portuguesa é moi dolorosa e pode provocar febre, náuseas e vómitos. As chamadas falsas medusas xa obrigaran a pechar as praias da cidade a comezos de ano.

Noticias web

21/02/2021