As capturas de polbo multiplican por sete as do ano pasado no mes de xullo
Publicado o 06/08/2021 13:38
Despois dun 2020 nefasto para o sector cefalopodeiro pola escaseza de polbo, a campaña actual que arrancou o pasado 5 de xullo, está sendo óptima. Así o confirman as cifras. Cando fai un mes da reapertura da pesquería, multiplican por 7 as descargas do ano pasado e os prezos mantéñense.
Malia que son moitos os factores que poden influír na maior ou menor abundancia de polbo nas rias, como a temperatura da auga, a salinidade ou a sobrepesca, nin mariñeiros nin científicos atopan unha explicación para esta variabilidade.
Segundo o plan acordado pola Consellería do Mar e a frota, ata o 31 de agosto o tope de capturas por barco é de 210 quilos ao día e no resto da campaña a cota máxima serán 350 quilos.