As candorcas poñen en apuros a tres veleiros cerca da costa galega
O patrón do Urki Primeiro segue en Cedeira avaliando os danos que sufriu o seu veleiro tras o encontro que tiveron a madrugada do luns cun grupo de candorcas a catro millas de Cedeira. Alfonso Vega asegura que nos anos que leva navegando nunca vivira unha cousa igual.
Os cetáceos estiveron durante algo máis dunha hora arremetendo contra a embarcación. As imaxes que gravaron constatan os difíciles momentos que pasaron.
As candorcas acabaron rompendo a temón e a embarcación quedou á deriva. Alfonso Vega, patrón do Urki, asegura que pasaron momentos de moito medo e que chegaron a temer o peor.
Os expertos evitan falar de ataques. Din que as candorcas se comportan así para poñer a proba as súas técnicas de caza e que o fan simplemente como apredizaxe. Nestes casos recomendan parar a embarcación totalmente para que non se sintan atraídas polo movemento.
Dende Salvamento Marítimo din que, en caso de avistamento, o mellor é non achegarse a estes cetáceos.