CRTVG

Buscar

As candorcas deixan un veleiro á valga en Cabo Prior

Publicado o 11/09/2020 20:05

En Ferrol, Salvamento Marítimo tivo que auxiliar esta tarde un veleiro de bandeira británica que se atopou cun grupo de candorcas a seis millas do Cabo Prior. Seis cetáceos rompéronlle o temón e deixaron a embarcación á valga. Así que un remolcador tivo que desprazarse á zona para traelos ata o porto da Coruña. Salvamento Marítimo advirte a todas as embarcacións para que, no caso de ver un grupo de orcas, non intenten aproximarse.

Noticias web

11/09/2020