CRTVG

Buscar

As Canarias seguen a Galicia e prohiben fumar en lugares públicos se non hai distancia

Publicado o 13/08/2020 20:49

As Canarias non tardaron nin vinte e catro horas en sumarse a Galicia e prohibir fumar en espazos abertos. Polo menos outras dez comunidades, Madrid, País Vasco, Navarra, Andalucía, Asturias, Valencia, Aragón, as Baleares e as dúas Castelas, están dispostas tamén a facelo.

A medida xa é un feito en Galicia: está prohibido fumar na rúa, nas terrazas ou en calquera espazo público se non se pode gardar a distancia de seguridade. O obxectivo, frear os contaxios.

Non houbo problemas nesta primeira xornada. A medida suscita opinións distintas, pero prevalece a saúde pública.

Onde máis preocupa é no sector da hostalería. Temen perder clientes nas terrazas.

As autoridades sanitarias seguen apelando á responsabilidade individual, fundamental para parar a expansión do virus.






 

Noticias web

13/08/2020