CRTVG

Buscar

As campioas do CRAT, case sen tempo para celebrar

Publicado o 25/03/2019 22:42

Este segundo título chegou nunha vibrante final contra o INEF L'Hospitalet, ao que as coruñesas dominaron de principio a fin. Despois dunha temporada de menos a máis, as de Helen Roca, que rara vez non aparecen no podio da Liga, volven ao máis alto.

A tolemia desatouse no campo das Terrazas de Alcobendas. O CRAT era novamente campión de liga.

Melani Abad: "Moi louco todo, dixéronnos pasa por aquí, e de súpeto estabas cunha medalla no pescozo e foi todo como moi rápido. Eu creo que ata que estivemos no autobús non tivemos tempo a asimilar o que estabamos vivindo. Sabiamos que estabamos aí, que estabamos facendo historia e que era algo importante. Ata hoxe que nos levantamos pola mañá e falamos entre nós non nos decatamos de que somos campioas de España e caramba!".

Pero o certo é que as campioas apenas tiveron tempo para gozar da súa fazaña.

Micaela Martínez: "O partido rematou á 1, ás 3 no autobús e ata as 11 metidas nun bus e hoxe pola mañá moitas ás 8 xa estamos traballando pero os compañeiros saúdan, dan os parabéns, algo é algo".

Porque as xogadoras do CRAT son amateurs, viven o deporte dende a paixón e o sacrificio.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2019