As campás volver soar tras o confinamento grazas ao traballo de xente como Xosé
Publicado o 03/06/2020 20:49
Ameaza treboada por iso Xosé toca a trono.
Coñece ben o oficio porque o aprendeu do seu pai. A piques de cumprir 87 anos Xosé non lembra ningún outro momento, fóra da pandemia, en que as badaladas deixaran de soar.
O repicar de campás alerta dunha emerxencia, chama á misa ou avisa dun defunto..
Un código que forma parte da vida de moitas aldeas. Enmudecido durante o confiamento, que agora volve resoar grazas a xente como Xosé. Con oito décadas ás súas costas di que seguirá facendo falar ás campás mentres lle queden folgos.
Máis sobre actualidade
25/01/2021 16:32