CRTVG

Buscar

As campás de San Clodio volven dar as horas tras restaurarse o reloxo

Publicado o 07/04/2021 15:30

Foi necesario un gran guindastre para devolver ao mosteiro de San Clodio as campás restauradas. A principal ten case media tonelada e un metro de diámetro. 

Cando rematen coas probas, as campás volverán dar as horas en San Clodio, grazas a este reloxo mecánico do século XVIII que funciona despois de máis de 50 anos parado e oxidado.

Como escribiu Cortázar, cun reloxo tamén che regalan a necesidade de darlle corda todos os días.

 

Noticias web

07/04/2021