CRTVG

Buscar

As boticas da Coruña comezan a facer cribados mediante tests rápidos de saliva

Publicado o 19/05/2021 08:41
As boticas da Coruña comezan a facer cribados mediante tests rápidos de saliva

Dende hoxe as farmacias da provincia da Coruña comezarán un cribado masivo por medio de tests rápidos de saliva. É voluntario e está dirixido a persoas de 12 a 64 anos, que poderán acudir ás farmacias coa súa tarxeta sanitaria e de xeito gratuíto solicitar o kit necesario para a realización dun test rápido de covid−19. 

Os resultados serán comunicados por teléfono. Neste cribado participan 476 farmacias de toda a provincia, o 85 % do total.

Co kit e xa na casa recollerán unha mostra de saliva que deberán entregar de novo na farmacia. 

Noticias web

19/05/2021