CRTVG

Buscar

As Bolsas Excelencia Mocidade Exterior buscan que descendentes de galegos poidan retornar ao país

Publicado o 02/03/2020 15:07

Martín Ramírez e Sara Rodríguez son dous dos 150 estudantes universitarios que este ano se beneficiaron das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior da Xunta. Un programa que facilita a realización de másters nas tres universidades galegas e ciclos superiores de formación profesional a fillos e netos de emigrantes galegos.

Hoxe participaron nun xornada formativa sobre motivación, emprego e emprendemento que abriron a conselleira de Educación e o secretraio xeral de Emigración. O obxectivo é orientalos para que atopen un traballo na nosa comunidade e fomentar así o seu retorno.

Nos últimos tres anos, 550 fillos de emigrantes galegos beneficiáronse desta iniciativa.

Noticias web

02/03/2020