CRTVG

Buscar

As bibliotecas énchense de universitarios que apuran as últimas semanas de estudo

Publicado o 14/01/2019 14:37

Estamos en plena época de exames nas facultades e as bibliotecas están ateigadas de estudantes que apuran as últimas horas. Cada un ten os seus trucos para concentrarse, ou mellor dito, para non distraerse. O que todos teñen claro é que todo esforzo ten a súa recompensa.

Concentración máxima nas bibliotecas durante estas semanas de estudo onde os universitarios arriscan o esforzo dos primeiros meses de curso. A maioría escolle estes espazos onde hai menos distraccións que na casa.

Cada un ten os seus trucos para manter esa necesaria concentración. Uns usan tapóns, outros escoitan música e moitos mesmo deixan o móbil na casa, para evitar tentacións.

A media de horas de estudo roza as 12, por iso os descansos fanse máis que imprescindibles para que o cerebro colla folgos de cando en vez.

No que coinciden case todos é que con esforzo e horas de estudo, case sempre hai recompensa final nas notas. Iso si, ninguén desbota un chisco de sorte que sempre axuda para contrarrestar os nervios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2019