CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

As bebidas con azucre engadido producen obesidade e axudan a desenvolver enfermidades cardiovasculares, diabetes ou cancro

Publicado o 09/07/2015 21:29



Máis do noventa por cento dos nenos e adolescentes españois consomen bebidas con azucre engadido habitualmente. Calcúlase que tomando unha bebida destas ao día, en dez anos un mozo pesará sete quilos máis só por esta inxesta continuada.

Falamos de bebidas carbonatadas, das que non teñen gas, zumos industriais, bebidas enerxéticas... Lidia Folgar comenta que en alimentación non se adoita ultilizar a palabra evitar, pero que neste caso o consenso científico é total.

Outro apuntamento: non lles deberiamos chamar refrescos, pois non refrescan máis que a auga.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

09/07/2015