CRTVG

Buscar

As bases de Podemos proclaman a Gómez-Reino como cabeza de lista á Xunta

Publicado o 27/02/2020 15:18

As primarias de Podemos Galicia confirman a Antón Gómez-Reino como o seu candidato, co apoio do noventa por cento das bases. Participaron 1.700 dos 27.000 inscritos. O deputado no Congreso convértese automaticamente en cabeza de lista da coalición Galicia en Común-Anova-Mareas.

As primarias tamén despexan outros postos das listas: Luca Chao será a número dous pola Coruña e David Bruzos encabezará a lista de Ourense. A proclamación oficial da candidatura será mañá na Coruña, nun acto en que participará Pablo Iglesias.

Noticias web

27/02/2020