CRTVG

Buscar

As bases de Colau elixen pactar co PSC e contar cos votos de Valls para que sexa alcaldesa

Publicado o 14/06/2019 20:13

As bases de Barcelona en Común avalaron o pacto de goberno co PSC e rexeitaron a proposta de coaligarse con Esquerra Republicana con Maragall como alcalde.

 Esto permitirá que Ada Colau repita como alcaldesa da capital catalá á fronte dun goberno bipartito. Con todo, os votos dos edís de Barcelona en Común e do PSC non chegan para investila. Precisaría os tres ofrecidos por Manuel Valls. A candidatura do ex-primeiro ministro francés sacou seis edís en Barcelona pero ou outros tres son de Ciudadanos que non está de acordo en apoiar a Colau 'como mal menor'.

 

Noticias web

14/06/2019