CRTVG

Buscar

As balizas luminosas substituirán os triángulos para sinalizar emerxencias na estrada

Publicado o 20/11/2020 20:50


O 70% dos accidentes mortais prodúcense durante a noite e moitos dos atropelos prodúcense por unha mala sinalización. Os triángulos de emerxencia poderían ter os días contados. A DXT quere que os vehículos leven unha baliza de sinalización.

Deste xeito o condutor non tería que baixar do vehículo e a luz amarela que emite o dispositivo sería visible a un quilómetro con baixa visibilidade e en 360 graos.

A partir do 2021 o sinal V-16 será obrigatorio e os triángulos poderán convivir con el ata o 2024. Iso si, non todas as balizas serven, teñen que estar homologadas.

Noticias web

20/11/2020