CRTVG

Buscar

As azafatas de podio, protagonistas dun novo debate no ciclismo

Publicado o 26/01/2017 15:24

Por haches ou por bes o ciclismo non zafa da polémica. O Tour Down Under australiano trae dende as antípodas un novo pleito ao decidir eliminar a presenza de azafatas nas entregas de premios. Decisión que dende hoxe secunda a Volta a Mallorca.

Ciclistas masculinos xunior fan agora ese rol no podio mentres aquí en Galicia, as mulleres acreditadas para este labor pola federación de ciclismo non comparten a condición de muller obxecto que lles atribúen os defensores da medida.

As dúas mozas galegas reivindican o seu papel nas probas ciclistas como algo máis ca 'chicas guapas', e apelan á formación necesaria para desempeñarse nas carreiras.

Descontentos á parte as rodadas do ciclismo, e do deporte, circulan xa polas estradas da igualdade de xénero mentres a cousificación sexual da muller queda arrinconada nas cunetas do pasado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/01/2017