CRTVG

Buscar

As axudas para renovar coches antigos poderán solicitarse a partir do 24 de xullo

Publicado o 20/07/2019 14:50

Un cento de concesionarios participan no novo programa da Xunta para actualizar o parque móbil. As axudas, que van dende os 1.000 ata os 1.500 euros, poderán solicitarse a partir do 24 de xullo. O sector agarda que o plan, unido ás campañas estivais de desconto, active o mercado.

Trátase de retirar os vehículos antigos e incorporar modelos máis eficientes e comprometidos co medio natural. As axudas van dende os 1.000 ata os 1.500 euros, en función das súas emisións.

Poderán acollerse ás axudas particulares ou empresas cun coche de máis dunha década, en propiedade dende hai un ano como mínimo e que teña a ITV en vigor. O prazo de solicitude abre o 24 de xullo e remata o 15 de outubro.

O plan non é compatible con outras axudas públicas para a adquisición de coches eficientes pero sí coas campañas de desconto postas en marcha polos concesionarios. A Xunta destina algo máis dun millón de euros para este programa que tamén tenta reactivar o mercado automobilístico. No primeiro semestre do ano, as vendas reducíronse un 15 por cento.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/07/2019