As axudas para mercar vivenda nos centros históricos están dispoñibles ata o 15 de outubro
Publicado o 11/09/2021 12:34
Continúa aberto o prazo para solicitar axudas para mercar vivenda en centros históricos.
Ata o día 15 poden solicitarse esas subvencións. A conselleira de Vivenda, que hoxe visitou o barrio compostelán de San Pedro, animou a solicitar estas axudas e lembrou que hai 39 concedidas, unha cifra que podería aumentar cando se tramiten os expedientes.
Este é o terceiro ano consecutivo que se convocan estas subvencións, que poden ir desde os 10.800 euros ata un máximo de 15.000 euros por vivenda