As axudas para a mellora de portos e lonxas contan cun orzamento de 2,5 millóns
As axudas para a modernización dos equipamentos nos portos e nas lonxas buscan facilitar o labor do sector e aumentar a súa competitividade. Destínanse a proxectos de mellora enerxética, das condicións de traballo dos mariñeiros e da calidade dos produtos desembarcados.
Rosa Quintana, conselleira do Mar: "Veñen dunha avaliación que se fixo nos diferentes portos. Agora poñemos á súa disposición 2,5 millóns de euros para cubrir as necesidades que detectamos".
Co fin de evitar que estas e outras axudas ao sector pesqueiro queden sen adxudicar por falta de proxectos, reuniron representantes das confrarías nestas xornadas. Aquí explicáronlles en que consisten as distintas achegas ás que poden acceder e como teñen que solicitalas. No sector valoran a convocatoria.
José Antonio Pérez, presidende da Federación Galega de Confrarías: "Que nos dean esta oportunidade de resolver as dúbidas polas axudas e como podemos facer. Para nós é unha alegría que sacaran as axudas porque vai ser bo para todas as confrarías".
Outras axudas para o sector son as de rexeneración de zonas improdutivas e recuperación da biodiversidade ou as destinadas á innovación na pesca e na acuicultura, que permitan, por exemplo, poñer en valor os criadeiros para producir semente.