CRTVG

Buscar

As axudas dos fondos europeos chegarán a España en xullo

Publicado o 31/05/2021 21:01

O fondo de recuperación xa conta coas ratificacións dos 27 países da UE para botar a andar. A boa nova é que este arsenal financeiro extraordinario de 750.000 millóns de euros entregará as primeiras axudas contra crise da covid-19 este mesmo verán.

A ratificación dos 27 países da UE chega nas horas límite de maio. A tempo para que as transferencias iniciais comecen en pouco máis dun mes, xa en xullo. Primeiro, a Comisión vai emitir cantidades masivas de débeda nos vindeiros días para financiar as transferencias do Fondo de Recuperación. E de seguido, en tres semanas, o Consello Europeo aprobará os plans nacionais de recuperación de varios países. Case seguro que serán os de España, Portugal ou Francia.

Unha fronte común destes países con Italia e Alemaña insistira en Bruxelas na necesidade urxente de recibir as primeiras axudas en xullo. Finalmente o calendario cumprirase e España obterá 9.000 millóns de euros.

 

 

 

Noticias web

31/05/2021