CRTVG

Buscar

As axencias de viaxes reivindican o seu papel e apostan polo turismo nacional

Publicado o 10/05/2020 14:12

Entre anuncios de illas paradisíacas encontramos a Iria Costoya tratando de xestionar as cancelacións que realizan os seus clientes e preparando a reapertura da axencia. As cousas comezaron moi ben neste 2020 e de súpeto, todo cambiou.

As cancelacións dos billetes ocasionaron moitos problemas, porque se legalizaron os bonos e as asociacións de consumidores botáronselles enriba.

Xa que logo hai que repensar a campaña e apostar, por exemplo, polas rutas en autocaravana polo noso país. De momento, os destinos de toda a vida terán que agardar.



 

Noticias web

10/05/2020