CRTVG

Buscar

As axencias de viaxes, preocupadas polo futuro do sector tras a avalancha de cancelacións

Publicado o 21/05/2020 14:31

As portas das axencias de viaxes seguen pechadas por falta de actividade.

Os profesionais din que só se están dedicando a tramitar cancelacións e tratando de que os clientes poidan recuperar os cartos. Están moi preocupados polo futuro incerto.

A súa principal actividade son as viaxes ao extranxeiro e ás illas Canarias e Baleares. Agardan que cando se permita a mobilidade entre comunidades no estado español e a reapertura de fronteiras poidan reactivar a venda de produtos turísticos.

Non se atreven a falar de datas, todo dependerá da situación sanitaria, pero apuntan que non pensan en abrir ata finais de xuño, cando se prevé que remate o estado de alarma.
 

Noticias web

21/05/2020