CRTVG

Buscar

As axencias apostan por bonos para cambiar as datas das viaxes canceladas

Publicado o 03/04/2020 21:47

As alternativas que propoñen dende as axencias de viaxes son ou ben a devolución dos cartos, ou a entrega dun bono que lles permite cambiar as datas das súas viaxes para máis adiante durante o prazo dun ano.  Apuntan que a devolución dos cartos pode ralentizarse nalgúns casos ata que os provedores como aerolíneas ou hoteis lles devolvan ese diñeiro ás axencias. Dende as asociacións de defensa dos consumidores recomendan intentar chegar a un acordo entrambas partes ante a previsión de que algunhas destas empresas poidan acabar na quebra nos vindeiros meses e puideran entrar nun concurso de acredores. 

Pistas de aterraxe baleiras, igual que as praias, aeroportos desertos, hoteis pechados, axencias de viaxes obrigadas a botar a persiana. Os carteis dan boa conta nos escaparates do problema que ven afrontando o sector turístico nas últimas semanas. Milleiros de persoas quedarán en terra as portas da Semana Santa coas viaxes canceladas.

Un real decreto explicaba esta semana as opcións dos consumidores. Unha é reclamar a devolución íntegra dos cartos, a outra aceptar un bono no caso de que a axencia non recibira ese diñeiro de volta dos seus proveedores.

Transcurrido ese ano, se non usan o bono, poden volver reclamar os cartos, pero a axencia só está obrigada a devolver o diñeiro que recuperou dos seus proveedores. Ante a posibilidade de que algunhas destas empresas como aerolíneas, hoteis ou axencias de viaxes tarden en recuperarse desta crise, recomendan tentar chegar a un acordo satisfactorio entre ambas partes.
 

Noticias web

03/04/2020