CRTVG

Buscar

As auxiliares do naval crean unha sociedade para negociar a compra de Barreras

Publicado o 08/11/2019 19:43

As empresas auxiliares do naval vigués consideran que a liña de préstamos artellada pola Xunta lles permitirá seguir vivas, manter unha estrutura mínima os próximos meses.

"Que se hai finalmente unha solución para o estaleiro Barreras poidan retomar os seus traballos e concluír eses proxectos, que todos queremos rematar polo bo nome de Galicia e do naval galego",dixo o secretario xeral de Asime, Enrique Mallón.

As 33 empresas auxiliares afectadas polo preconcurso de acredores de Barreras acaban de asinar este venres a constitución dunha sociedade. O obxectivo é negociar con Pemex, principal accionista do estaleiro, e facerse co control.

"Poder ser propietarios da maioría do estaleiro e poder tomar así as decisións axeitadas para corrixir a situación actual", afirma Mallón.

"Nós cremos que se hai unha solución rápida e fiable van apostar polo estaleiro como non pode ser doutra maneira", di o responsable do comité de empresa de Barreras.

A Xunta mantén contactos tanto co estaleiro coma coa industria auxiliar, na busca de solucións.
O conselleiro de Industria, Francisco Conde dixo que tratan de identificar como Barreras pode recuperar esa actividade e darlle continuidade á construción da carga de traballo que ten en carteira. E, en segundo lugar, acompañar a industria auxiliar.

As auxiliares de Barreras son claves para poder finalizar o transbordador de Ritz-Carlton.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019